Funcións da ITSS
UNHA ORGANIZACIÓN AO SERVIZO DOS CIDADÁNS
A Inspección de Traballo
e Seguridade Social (ITSS), dependente da Subsecretaría de Traballo e Inmigración - de acordo
co previsto na
Lei
42/1997, do 14 de novembro, de ordenación da Inspección de Traballo e Seguridade Social e o seu
regulamento de desenvolvemento aprobado polo
Real
decreto 138/2000, do 4 de febreiro, así como na Orde ministerial do 12 de febreiro de 1998, é a
organización administrativa responsable do servizo público de control e vixilancia do cumprimento
das normas de orde social que inclúe os servizos de esixencia das responsabilidades administrativas
pertinentes en que poidan incorrer empresas e traballadores así como o asesoramento e información a
estes en materia laboral e de Seguridade Social (que poida suscitarse con ocasión do exercicio da
acción inspectora).
Para a prestación dos servizos aos cidadáns, a ITSS conta con funcionarios de nivel técnico
superior e habilitación nacional, pertencentes ao corpo superior de inspectores de traballo e de
Seguridade Social, que realizan as súas funcións co mandato de estrito cumprimento dos principios
de independencia técnica, obxectividade e imparcialidade prescritos nos
convenios
internacionais números 81 e
129
da Organización Internacional do Traballo. As funcións de inspección de apoio, colaboración e
xestión, precisas para o exercicio do labor inspector, son desenvolvidas polos funcionarios do
corpo de subinspectores de emprego e Seguridade Social, coa mesma habilitación nacional
A Dirección Xeral da ITSS asume como obxectivo básico do seu labor o impulso do cumprimento
voluntario das obrigas laborais e de Seguridade Social de empresas e traballadores, desenvolvendo
para iso tanto actuacións preventivas como correctoras ou sancionadoras, a través de requirimentos
de cumprimento da normativa de orde social ou de disposicións relativas á seguridade e saúde dos
traballadores, requirimentos de ingreso de cotas de Seguridade Social e conceptos asimilados, actas
de infracción para a imposición de sancións de orde social e actas de liquidación e demais
documentos liquidatorios de cotas de Seguridade Social.
En determinados procedementos laborais nos que a Inspección de Traballo participa (Expedientes
de Regulación de Emprego, Comunicación de apertura de centros, etc...), terán a consideración de
autoridades
laborais competentes , os órganos que cada Comunidade Autónoma determine.
PRINCIPAIS SERVIZOS PRESTADOS POLA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL A EMPRESAS E TRABALLADORES
Servicios de vigilancia y exigencia del cumplimiento de las normas legales,
reglamentarias y contenido normativo de los convenios colectivos.
Os ámbitos destes servizos veñen referidos ás seguintes materias:
- Ordenación do traballo e relacións sindicais.
- Prevención de riscos laborais.
- Normas en materia de campo de aplicación, inscrición, afiliación, altas e baixas de
traballadores, cotización e recadación de cotas do sistema da seguridade social.
- Normas sobre obtención e desfrute de prestacións do sistema da Seguridade Social, así como das
melloras voluntarias ou outros sistemas complementarios voluntarios establecidos en convenios
colectivos.
- Normas sobre colaboración na xestión da Seguridade Social.
- Normas en materia de colocación, emprego e protección por desemprego; emigración, movementos
migratorios e traballo de estranxeiros; formación profesional ocupacional e continua; empresas de
traballo temporal, axencias de colocación e plans de servizos integrados de emprego.
Servizos de asistencia técnica.
- Información, asistencia e orientación xeral a empresas e traballadores, con ocasión do
exercicio da función inspectora.
- Asistencia técnica ás entidades e organismos da Seguridade Social cando lles sexa
solicitada.
- Información, asistencia e colaboración con outros órganos das administracións públicas con
respecto á aplicación das normas de orde social ou á vixilancia e control de axudas e subvencións
públicas.
- Realización de informes técnico-laborais a instancia dos órganos xudiciais laborais.
Servizos de arbitraxe, conciliación e mediación.
En todo caso, para a realización de actuacións da ITSS, debe existir aceptación das partes
afectadas polo conflito laboral ou a folga.
Actuacións inspectoras derivadas dos servizos prestados pola Inspección de
Traballo e de Seguridade Social.
- Requirimentos ou actas de advertencia cando non se deriven prexuízos directos para os
traballadores
- Inicio de procedementos sancionadores mediante a extensión de actas de infracción.
- Inicio de procedementos liquidatorios por débitos á Seguridade Social e conceptos de recadación
conxunta, mediante a práctica de actas de liquidación.
- Inicio de procedementos de oficio para a inscrición de empresas, afiliación e altas e baixas de
traballadores no réxime correspondente da Seguridade Social.
- Inicio de procedementos para o encadramento de empresas e traballadores no réxime de Seguridade
Social que corresponda.
- Proposta ante os organismos competentes para a suspensión ou cesamento de prestacións sociais
se se constatase a súa obtención ou goce en incumprimento da normativa que as regula.
- Proposta ante o organismo competente da recarga de prestacións económicas en caso de accidente
de traballo ou enfermidade profesional causados por falta de medidas de seguridade e hixiene no
traballo.
- Orde de paralización inmediata de traballos ou tarefas por inobservancia da normativa de
prevención de riscos laborais, de concorrer risco grave e inminente para a seguridade e saúde.
- Comunicación aos organismos competentes dos incumprimentos que se comproben na aplicación e
destino de axudas e subvencións para o fomento de emprego, formación profesional ocupacional e
promoción social.
- Formulación de demandas de oficio ante a xurisdición do social de acordo coa normativa
aplicable